Orixinalmente foi nomeado coma o GNU/C Compiler, porque soamente manexaba a linguaxe de programación C, máis tarde (en 1987) o GCC foi ampliado para compilar C++, Java, Fortran, Ada e outros.
GCC foi portado a unha ampla variedade de arquitecturas de procesador, e está amplamente implantado coma unha ferramenta no desenvolvemento tanto de software libre como de propietario. GCC tamén está dispoñible para a maioría de plataformas embedidas, incluíndo symbian (chamado GCCE), AMCC e FreescalePower Architecture-based chips.[1] O compilador pode ser usado dende unha gran variedade de plataformas, incluíndo vídeo consolas de xogos como PlayStation e Dreamcast.
Así como o compilador oficial do Sistema operativo GNU, GCC adoptouse coma o compilador estándar por gran parte doutros modernos sistemas operativos baseados en Unix, incluíndo Linux e a familia Berkeley Software Distribution, aínda que FreeBSD e Mac OS X mudaron o sistema LLVM.[2]